Segue a súa liña ascendente o Marcón Atlético e supera a domicilio ao Villalonga (1-2)
Por Redacción
Traxectorias opostas enfrontadas nun partido que pode marcar o futuro inmediato duns e outros. O Marcón Atlético segue a súa liña ascendente e suma a súa quinta vitoria consecutiva ao impoñerse en San Pedro a un Villalonga que leva exactamente o mesmo número de xornadas sen coñecer a vitoria, o que iguala a ambos os dous conxuntos na zona media da táboa.
Igualmente oposta foi a liña de xogo duns e outros sobre o terreo. Mentres os locais buscaban un fútbol máis directo, os de Carlés trataban de facerse co control do coiro. Con esas armas o Marcón dominaba pero as ocasións estaban repartidas. Arturo adiantaba os visitantes, aproveitando un centro de Baptiste.
Tras a volta do vestiario o Villalonga pasou a dominar e fíxoo de forma clara conseguindo o empate por medio de Cerqueiras. Ese dominió prolongouse ata os últimos quince minutos, nos que o Marcón decidiu dar un paso adiante, buscando algún contraataque que lles dese a vitoria. Non o encontrou, pero chegoulle a solución nunha acción a balón parado, cun lanzamento de falta que Aarón, que acababa de entrar no campo, transformou no 1-2 definitivo.
VILLALONGA FC (1): Ramón, Francisco, Darío (Gabriel, minuto 45), Alberto (Caamaño, minuto 74), Machu (Busto, minuto 55), Jesús Figueira, Adrián Santos, Cerqueiras, De la Iglesia, Arias (Héctor, minuto 71) e Campos.
MARCÿN ATLÿTICO (2): Joaquín, Álvaro, Castesana (Steve, minuto 70), Valiñas (Aarón, minuto 75), Héctor, Arturo, Bolo, Baptiste, Marcos, Santi (Rodri, minuto 67) e Martín (Adrián, minuto 86).
Árbitro: Raquel Ortega (Ferrol), auxiliada nas bandas por Yago Veiga e David Sierra. Amonestou aos locais Arias e Adrián Santos e aos visitantes Castesana, Aarón e Bolo.
Goles: (0-1) Minuto 31: Arturo. (1-1) Minuto 58: Cerqueiras. (1-2) Minuto 81: Aarón.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro (Vilalonga). Uns 200 espectadores.
Relacionadas:
-
Sufrido triunfo do Villalonga na casa do Erizana (1-2)
Por Redacción |
-
O Marcón pasa por enriba do Mondariz (4-0) e logra o seu sexto triunfo consecutivo
Por Redacción |
-
Empate insuficiente do Villalonga na Estrada (1-1)
Por Redacción |
-
O Marcón frea ao Portonovo (3-1) e encadea a súa cuarta vitoria consecutiva
Por Redacción |