Segue a caída libre do Pontevedra B que tampouco pode co Pontellas (2-1)
Por Redacción
De novo fronte a un rival directo e de novo por graves fallos defensivos. O Pontevedra B segue sen levantar cabeza e cada vez ve máis lonxe a posibilidade de remontar posicións e aspirar á permanencia. Fronte ao Pontellas, os de Milo Abelleira encaixaron dous goles na primeira media hora de partido e malia que logo dominou na segunda parte, foi incapaz de neutralizar a vantaxe local.
O primeiro gol chegaba a raíz dun saque de banda mal defendido polos granates, que rematou aproveitando Barros. Ramos, de cabeza facía o segundo.
A reacción do Pontevedra B chegaba pouco despois por medio de Dani Otero. Os visitantes dominaron no segundo tempo, pero sen crear apenas ocasións claras de perigo,
CD PONTELLAS (2): Israel; Chicho, Chuvi, Rubén, Collazo (Miki, min. 42), Miguelón, Barros, Ramos (Barreiro, min. 73), Chuli (Keko, min. 89), Diego Blanco e Darío (Omar, min. 77).
PONTEVEDRA B (1): Adrián; Ronald, Juan, Vilela (Josiño, min. 63), Aguete, Corrales, Piñeiro (Jonathan, min. 45), Hugo, Dani Otero, Andrés (Domínguez, min. 63) e Diego (Viñas, min. 24).
Árbitro: Castro Fernández (Ourense), auxiliado nas bandas por Pérez Argos e Santalices Senra. Amoestou a Chuvi, Collazo e Keko, polos locais, e a Hugo, polos visitantes.
Goles: (1-0) Minuto 15: Barros. (2-0) Minuto 29: Ramos. (2-1) Minuto 38: Dani Otero.
Incidencias: Campo de San Campio (O Porriño). Uns 100 espectadores.