O Leis masculino cae (5-3) ante o Albense FS en terras salmantinas
Por Redacción
O Leis non puido seguir sumando na súa visita ao Albense. Tras arrancar un empate contra o líder a pasada semana, os pontevedreses caeron por 5-3 na súa visita á localidade salmantina de Alba de Tormes.
O encontro comezou moi igualado. De feito, foi o Leis o primeiro en adiantarse no marcador grazas a senllos goles de Álex e Dani nos minutos 14 e 18. Pero non lograron manter a renda e ao descanso chegouse con 1-2 tras o tanto de ÿscar nun lanzamento dende os 10 metros.
Ao pouco de iniciar a segunda parte, o Albense empatou o partido por medio de Pablo. Os pontevedreses volverían poñerse por diante. Pocho marcaba en 2-3 nunha xogada de estratexia ensaiada polo conxunto visitante. Pero a partir de aí, apenas puideron frear aos locais que, por medio de Alejandro, Pablo e Jaime, situaron o 5-3.
O Leis non se deu por vencido e tratou de remontar co porteiro-xogador sobre o campo. Chegou a acumular varias ocasións, pero o marcador xa non se moveu.
ALBENSE FS (5): Miguel Ángel, ÿscar (1), Jaime (1), Alberto, Isaac -cinco inicial- Marco, José Luis, Alejandro (1), Arturo, Diego, Alberto Calleja e Pablo (2).
LEIS PONTEVEDRA (3): Juan, Dani (1), Gustavo, Raúl, Gabi -cinco inicial-, Alex (1), Martín, Sergio, Barcala e Pocho (1).
Árbitros: Marazuela Hernando e Rodríguez Garrido.
Incidencias: Partido disputado no pavillón de Santa Clara (Alba de Tormes, Salamanca).