Empate do Leis ante O Esteo (1-1) nun igualado encontro
Por Redacción
Empate insuficiente para o Leis Pontevedra ante un rival directo, O Esteo (1-1).
Os pontevedreses mostraron boa imaxe nun encontro igualado desde o inicio no que tiveron varias ocasións para adiantarse, en especial un disparo ao longueiro de Gus antes do descanso.
Na reanudación os de Manu Cossío seguiron buscando o gol e atopárono nunha xogada de estratexia no minuto 31 culminada por Gabi.
O tanto provocou que os visitantes adiantasen liñas para poñer en apuros ao Leis. Froito dese esforzo chegaría a igualada, obra de Gerardo.
O marcador xa non se movería deixando aos pontevedreses na penúltima praza da Segunda B a 8 puntos do seu rival, o Esteo.
LEIS PONTEVEDRA FS (1): Rubén, Dani, Martín, Gus, Gabi (1) -cinco inicial- Álex, Sergio, Pablo, Raúl, Barcala, Pocho, Juan.
O ESTEO FS (1): Beto, Cagi, Héctor, Gerardo (1), Puas -cinco inicial- Javichi, Pelu, Tucho, Ferreiro, Franín, Bolly, Lardín, Iván.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.