A choiva suspende o partido entre Os Ingleses e Mareantes nunha decisión que non comparten os pontevedreses
Por Diego Espiño
Sen tanta polémica como o Pontevedra-Villalonga pero con desconformidade decretouse a suspensión do partido da Primeira Territorial de rugby que debían disputar o pasado sábado Os Ingleses e Mareantes no campo de Fontecarmoa de Vilagarcía.
O mal estado do terreo de xogo foi o argumento esgrimido polo conxunto local que, con coñecemento dos pontevedreses, solicitou o aprazamento un día antes da súa disputa, como recoñece o responsable deportivo do Mareantes Pablo Irago, "presentaron un informe de que el campo no estaba en condiciones. Lo hicieron 24 horas antes del partido cuando no sabes si va a drenar o no. Debería ser el árbitro el que tomase la decisión, aunque nosotros les dijimos que acataríamos la decisión".
O encontro entre os dous equipos, empatados con cinco vitorias e unha derrota e cos mesmo puntos na segunda posición da táboa, fixouse provisionalmente para o 9 de febreiro.
O Pontevedra Rugby Club, campión de inverno
Logo dunha primeira volta inmaculada, o Pontevedra Rugby Club pode presumir de ser o campión de inverno na Segunda Territorial tras vencer o pasado sábado ao Bierzo Rugby por un contundente 47-17 no campo de Monte Porreiro.