![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/534415f343da0-1610052_689694257742361_1592132730_n.jpg)
© Federación Española de Baile Deportivo
Marín organizará unha proba de baile deportivo puntuable para ranking mundial
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Pavillón da Raña de Marín acollerá o próximo 19 de abril un Open Standard e Latino do circuíto da World Dance Sport Federation (WDSF), a Federación Internacional de Baile Deportivo.
Así o confirmou o goberno local, que asegura con esta cita e a Copa de España de Ximnasia Acrobática xa confirmada "sobe o nivel dos eventos de Marín".
O Open Standard e Latino é unha proba puntuable para o ranking mundial que reunirá na Raña a varias das mellores parellas a nivel internacional.
Tamén estará as mellores parellas nacionais e galegas, xa que coincidindo con esta competición se organizará o Campionato Galego de Latinos.