50 embarcacións cítanse na III Bandeira de Bateis Concello de Marín
Por Redacción
Medio centenar de embarcacións de toda Galicia participarán este sábado na III Bandeira de Bateis Concello de Marín.
A proba, que foi presentada este xoves no concello marinense, arrancará ás 16:00 horas e poderá seguirse dende o Paseo Alcalde Blanco.
Trátase dunha competición destinada a tripulacións Promesa, Xuvenil e Sénior femininas e Infantil, Cadete, Xuvenil e Sénior masculinas.
A III Bandeira de Bateis está organizada polo Club de Remo Ría de Marín.