'Amigos do Pontevedra CF' celebran a súa xuntanza anual
Por Redacción
Ex-xogadores das diferentes épocas na historia do Pontevedra, acompañados de directivos, exdirectivos ou simples afeccionados do club protagonizaron este venres 20 de febreiro a reunión anual de Amigos do Pontevedra C.F.
O programa festivo incluíu unha misa na Peregrina, as 13:30 horas, en recordo de amigos e familiares ausentes ou falecidos, seguida dunha amigable comida no Restaurante Casa Pepe (A Barca-Poio) na que os asistentes compartiron recordos históricos do club granate e intercambios de opinións sobre a situación actual da entidade.
Exxogadores como Tito Estévez, Guillermo, Ceresuela, Pirelo, Rebeca, Carregal, Ferradás, Cholo, Chanón, Rivas, Paco e Churruca, entre outros, compartiron mesa e mantel con afeccionados históricos e exdirectivos, como Seve Penelas, Luis Durán, Manolo Barreiro, Juan Abal ou Jorge Pedrosa, estes tres últimos encargados ano tras ano da organización.
Ás sobremesas houbo o tradicional sorteo de regalos entre os asistentes, para rematar brindando polos futuros éxitos granates.