Título galego xuvenil para o Waterpolo Galaico
Por Redacción
O equipo xuvenil do Club Waterpolo Galaico impúxose a pasada fin de semana no Campionato Galego da categoría, disputado na piscina de INEF da Coruña.
O club pontevedrés compareceu con dous equipos na cita nun torneo que contou ademais con CN Coruña, Marina Ferrol, RCN Vigo e CW Santiago.
No primeiro partido do campionato, en cuartos de final, o Galaico enfrontouse ao outro gran favorito, o CN Coruña, vencendo por un apertado 6-4.
En semifinais os pontevedreses gañaron ao Marina Ferrol (9-4) para impoñerse despois na final ao Santiago por un contundente 13-6 e conseguir a praza en xogo para participar no Campionato de España Xuvenil de segunda categoría.
Pola súa banda o Galaico B, formado por cinco xogadores xuvenís e sete cadetes realizou un bo papel finalizando na cuarta praza.
Relacionadas:
-
O Campionato de España xuvenil, reto para un ambicioso Waterpolo Galaico
Por Redacción |
-
O Club Waterpolo Santiago, rival do Galaico nas semifinais polo título autonómico
Por Redacción |
-
Fin de semana madrileño para o Waterpolo Galaico
Por Redacción |
-
Triunfo reparador do Waterpolo Galaico ante o Náutico de Vigo (27-7)
Por Redacción |