Lourdes Domínguez reencóntrase coa vitoria en Brasil, tras gañar o torneo ITF de Curitiba
Por Redacción
Tres anos despois, Lourdes Domínguez retomou a senda da vitoria. A tenista pontevedresa adxudicouse este domingo o torneo ITF que se disputou na localidade brasileira de Curitiba, tras impoñerse á montenegrina Dana Kovinic por 4-6, 6-2 e 6-3.
Era a cabeza de serie número 2 do torneo e a pesar diso non tivo un comezo doado neste campionato. Impúxose en primeira rolda á venezolana Andrea Gámez 3-6, 6-4 e 6-4; mentres que posteriormente dobregou á española Beatriz García Vidagany por un dobre 6-4 e á paraguaia Verónica Cepede por 6-3 e 6-0.
Xa en semifinais, a pontevedresa venceu a Stephanie Vogt, natural de Liechtenstein, por 6-4, 2-6 e 6-2.
Lourdes Domínguez lograra o seu último título o ano 2012 en Marsella, mentres que a tempada pasada foi finalista de dous eventos en México, o de Monterrey e o de Juárez.
Situada actualmente no número 115 da clasificación mundial, a pontevedresa viña de disputar as semifinais do torneo de Campiñas, tamén en Brasil, e de superar unha rolda no torneo WTA de Río de Janeiro.
Relacionadas:
-
Lourdes Domínguez gaña o ITF de Tampico (México) e volve ao Top-100 mundial
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez afronta a fase previa de Roland Garros
Por Redacción |
-
Teliana Pereira elimina a Lourdes Domínguez nos cuartos de final de Bogotá
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez avanza ata cuartos de final no Open WTA de Bogotá, o seu torneo fetiche
Por Diego Espiño |
-
Lourdes Domínguez cae na fase previa do Open de Australia
Por Redacción |