Lourdes Domínguez gaña o ITF de Tampico (México) e volve ao Top-100 mundial
Por Redacción
Terceiro título da tempada para Lourdes Domínguez, que ademais no tramo final do ano regresa ao Top-100 do ranking da WTA.
A pontevedresa é desde este luns a número 96 da clasificación mundial grazas ao triunfo en Tampico (México), de categoría ITF.
Lourdes impúxose na final do torneo á francesa Alize Lim en dúas intensas mangas (7-5 e 6-4). Antes desfíxose da italiana Caregaro, a arxentina Podoroska e a búlgara Naydenova.
A vitoria no torneo de 50.000$ de Tampico únese aos logrados este ano en Curitiba (Brasil) e Montpellier (Francia), ambos de categoría ITF, e que romperon unha seca de tres anos sen títulos.
Relacionadas:
-
Cruzamento accesible para Lourdes Domínguez na primeira rolda do Open de Australia
Por Diego Espiño |
-
Lourdes Domínguez inicia en Hobart unha nova tempada na elite do tenis
Por Diego Espiño |
-
Lourdes Domínguez despídese do US Open en primeira rolda ao caer ante Nicole Gibbs en tres sets
Por Diego Espiño |
-
Triunfo de Lourdes Domínguez no torneo ITF de Montpellier
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez reencóntrase coa vitoria en Brasil, tras gañar o torneo ITF de Curitiba
Por Redacción |