Triunfo de Lourdes Domínguez no torneo ITF de Montpellier
Por Redacción
Segundo título do ano para Lourdes Domínguez, despois de que a pontevedresa se impuxese á española Silvia Soler na final do torneo ITF de Montpellier, Francia.
Lourdes completou un gran torneo vencendo na final en dous sets e con autoridade, por 6-4 e 6-3.
Despois de tres anos sen levantar un trofeo, a tenista galega reencontrárase co triunfo o pasado marzo en Curitiba (Brasil), tamén nunha competición de categoría ITF.
Esta vitoria mete de novo á pontevedresa no Top-100 do ranking WTA, concretamente no posto 90, poucos días antes de que arranque o terceiro Grand Slam do ano, o torneo de Wimbledon, no que Lourdes Domínguez afrontará a fase previa.
Relacionadas:
-
Lourdes Domínguez gaña o ITF de Tampico (México) e volve ao Top-100 mundial
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez despídese do US Open en primeira rolda ao caer ante Nicole Gibbs en tres sets
Por Diego Espiño |
-
Lourdes Domínguez, eliminada na fase previa de Wimbledon
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez roza a sorpresa ante Petkovic en Roland Garros pero cae en tres sets
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez salva dúas pelotas de partido para acceder á segunda rolda de Roland Garros
Por Redacción |