Lourdes Domínguez despídese do US Open en primeira rolda ao caer ante Nicole Gibbs en tres sets
Por Diego Espiño
Tívoo na súa man pero non logrou pechar o partido. Lourdes Domínguez despediuse do US Open, último Grand Slam da tempada tenística, ao perder en primeira rolda do cadro final ante a estadounidense Nicole Gibbs (6-3, 3-6 e 6-4).
A pontevedresa chegou a ter un 4-1 ao seu favor na terceira e definitiva manga pero a tenista local, número 117 do ranking WTA, endosoulle cinco xogos consecutivos para levarse o triunfo.
O partido empezou mal para Lourdes, que perdeu os seus primeiros tres servizos e apenas tivo opcións no primeiro set, pero sacou o seu mellor tenis no segundo para devolverlle a moeda a Gibbs e igualar o choque.
Finalmente a deportista pontevedresa non puido manter o nivel de xogo e rematou perdendo nunha dura batalla de máis de dúas horas de xogo.
Con todo Lourdes Domínguez sumará puntos no ranking con esta primeira rolda, xa que a tempada pasada perdeu en Nova York na fase previa, o que lle pode permitir volver ao Top-100 (actualmente ocupa o posto 105).
Relacionadas:
-
Lourdes Domínguez inicia en Hobart unha nova tempada na elite do tenis
Por Diego Espiño |
-
Lourdes Domínguez gaña o ITF de Tampico (México) e volve ao Top-100 mundial
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez, eliminada na fase previa de Wimbledon
Por Redacción |
-
Triunfo de Lourdes Domínguez no torneo ITF de Montpellier
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez roza a sorpresa ante Petkovic en Roland Garros pero cae en tres sets
Por Redacción |