Lourdes Domínguez inicia en Hobart unha nova tempada na elite do tenis
Por Diego Espiño
Despois dun notable 2015, no que levantou tres títulos de categoría ITF e volveu ao Top-100 mundial do ránking WTA, a incombustible Lourdes Domínguez inicia en Hobart (Australia) unha nova tempada na elite do tenis.
A pontevedresa, profesional desde 1996, vai camiño aos seus 34 anos dos 20 no circuíto e chegará en 2016 á importante cifra de 1.000 partidos, sendo actualmente o seu balnace de 557 vitorias e 392 derrotas.
A súa boa tempada o pasado ano, que lle fixo pechar decembro no posto 100 do ránking WTA e logrando o subcampeonato nacional, permítelle entrar directamente ao cadro final do primeiro Grand Slam do ano, o Open de Australia, que se inicia o próximo 18 de xaneiro.
Lourdes poderá así mellorar o resultado de 2015, cando caeu no último partido da fase previa, na busca de igualar polo menos o seu mellor resultado en Australia, a segunda rolda.
Para iso a pontevedresa afina a súa posta a punto xa no país oceánico, onde debutará este venres día 8 no Hobart International, concretamente nas roldas previas nas que quedou emparellada coa local Zoe Hives, número 504 do ránking e que xoga o torneo grazas a unha 'wild car'.
Relacionadas:
-
Lourdes Domínguez volve tres anos despois ao equipo español de Copa Federación
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez despídese do Open de Australia na primeira rolda tras caer en tres sets
Por Redacción |
-
Cruzamento accesible para Lourdes Domínguez na primeira rolda do Open de Australia
Por Diego Espiño |
-
Lourdes Domínguez gaña o ITF de Tampico (México) e volve ao Top-100 mundial
Por Redacción |
-
Lourdes Domínguez despídese do US Open en primeira rolda ao caer ante Nicole Gibbs en tres sets
Por Diego Espiño |