Presentan en Sanxenxo o paso pola vila da regata Solitaire du Figaro
Por Redacción
Sanxenxo traballa xa nos detalles organizativos que traerá consigo o paso pola vila da prestixiosa regata Solitaire du Figaro.
Trátase dunha competición de vela oceánica na que a navegación se desenvolve en solitario e na que tomarán parte 40 embarcacións, na súa maioría de nacionalidade francesa.
A regata partirá o día 31 de maio de Burdeos para afrontar unha primeira etapa que terá como final de traxecto Sanxenxo tras percorrer 461 millas náuticas.
Segundo recordou Pierre Bojic, director da Solitaire du Figaro, na presentación realizada este mércores en Sanxenxo, está previsto que as embarcacións cheguen ao Porto Deportivo Juan Carlos I o día 2 de xuño, mentres o 7 do mesmo mes se producirá a saída da segunda etapa, na que os participantes se dirixirán La Cornouaille, na Bretaña francesa.
"Estamos realmente contentos con esta primeira etapa entre Burdeos e Sanxenxo que creo que será unha etapa que marcará un fito na historia da regata", declarou Bojic.
Pola súa banda a alcaldesa, Catalina González, sinalou que "o noso obxectivo, ademais de ser sede de chegada e saída dunha etapa de La Solitaire du Figaro, é promover o porto e situar Sanxenxo e Galicia no panorama da náutica internacional".
Relacionadas:
-
Sanxenxo despide á Solitaire du Figaro coa saída da segunda etapa
Por Redacción |
-
Sanxenxo respira competición coa chegada da regata Solitaire du Figaro
Por Mónica Patxot |
-
Sanxenxo, único porto español no que recalará a regata La Solitaire du Figaro 2015
Por Redacción |
-
Sanxenxo acollerá en xuño o final da primeira etapa da prestixiosa regata La Solitaire du Figaro
Por Redacción |
-
Un final de etapa da prestixiosa regata La Solitaire du Figaro de vela, obxectivo de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Porto Deportivo Juan Carlos I busca ser sede de grandes eventos náutico-deportivos
Por Redacción |