Campións! O Cisne sentencia a liga regular ao impoñerse con comodidade (34-22) ao BM Ártabro
Por Ramiro Espiño
Fixo bos os prognósticos que lle presentaban como favorito e o Cisne anotouse unha vitoria cómoda sobre BM Ártabro que lle dá matematicamente o título de campión da liga regular a falta de dúas xornadas.
Aos de Edín Covelo abondáballes cun só punto para lograr o obxectivo e non tiveron problemas ante un rival que aguantou mentres lle duraron as forzas, que foron exactamente os 20 primeiros minutos de partido.
En pouco máis de minuto e medio o Cisne fixo tres goles consecutivos para pasar do empate a sete tantos a un 10-7 (minuto 21), que xa sería insuperable para o cadro visitante.
A segunda parte foi case un paseo triunfal para os locais, que sen necesidade de apertar a fondo o acelerador foron incrementando a súa vantaxe, ante a alegría dunha bancada abarrotada que se prepara xa para empurrar ao equipo que preside Santi Picallo nun play-off de ascenso a cuxa sede presentará candidatura Pontevedra.
BM CISNE (34): Pablo Galán, Santiago Cuenca, Toño Lafuente; Iván Abilleira (3), Pepe Camiña (1), Álex Chan (8), Edu Covelo (3), Rafa Dasilva (4), Bruno Montesinos (1), Pablo Picallo (2), Carlos Rodríguez (1), Andrés Sánchez (3), Miguel Simón, Javi Vázquez (4), Pablo Vidal (4) e Diego Carballa.
BM ÁRTABRO NOVO MESOIRO (22): Ferreira, Saavedra; Celso Alonso (2), Uxío Batán (7), David Bouza, Alberto Catoira (3), Ígor Dacosta, Duarte España, Iago Ferreiro (4), Pablo Giráldez (2), Alfonso González, Lucas Domínguez (2) e Antón Rodríguez (2).
Árbitros: Santiago Piñera Fombona e Juan Cuesta Miyares (Asturias). Excluíron dous minutos a Carlos Rodríguez (2) e Miguel Simón, polo Cisne, e a Alfonso González (2), polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 3-4, 7-6, 8-7, 11-9, 15-11 (descanso), 19-13, 23-15, 26-18, 27-19, 32-19 e 34-22 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Cheo, cuns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
O Cisne publica o prezo de abonos e entradas para a fase de ascenso
Por Redacción |
-
O Cisne xogarase o ascenso a División de Honra Prata na casa
Por Diego Espiño |
-
O Cisne reláxase pensando no play-off e déixase soprender (27-29) polo Luceros
Por Redacción |
-
Unha mala arbitraxe axuda ao Seis do Nadal a desfacerse (26-25) do Cisne
Por Redacción |
-
Xornada de portas abertas ante o Ártabro para empurrar o Cisne a fase de ascenso
Por Redacción |
-
As indivualidades salvan a un discreto Cisne ante BM Pontevedra (28-30) e déixano a un punto do título
Por Ramiro Espiño |