Pablo Moreno faise co bronce no último Torneo Nacional de Sabre da tempada
Por Redacción
O tirador da Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra Pablo Moreno chega en plena forma a unha das citas claves da tempada, a Copa del Mundo Villa de Madrid.
Será a primeira cita puntuable para os Xogos Olímpicos de Río 2016, na que o pontevedrés espera empezar a sumar puntos que acheguen a súa clasificación.
Por ese motivo o terceiro posto logrado en Barcelona no último Torneo Nacional de Sabre da tempada deixa un gran sabor de boca.
O deportista da Escola Hungaresa comezou o torneo con pleno de vitorias na fase de grupos, clasificándose para a seguinte rolda na segunda posición.
Quedou exento do taboleiro de 64 tiradores antes de eliminar a Pedro Arrizabalaga (Club Esgrima de Madrid) na rolda de 32.
No taboleiro de 16 tiradores Moreno enfrontouse a Pablo Martínez (Club Esgrima Leganés) por 15 toucados a 8 para xogarse unha praza no podio unha rolda despois ante Fernando Pereda (Club Esgrima Barajas), ao que venceu por 15 a 9.
A única derrota do pontevedrés chegaría en semifinais ante Fernando Casares por 15 toucados a 10.
Este resultado mantén a Pablo Moreno no segundo posto do ranking nacional absoluto.
Relacionadas:
-
Pablo Moreno logra a medalla de bronce no Campionato de España de Esgrima
Por Redacción |
-
Boa imaxe da Escola Hungaresa no Torneo Nacional de Sabre M-15 de Barcelona
Por Redacción |
-
Bronce por equipos para o Escola Hungaresa no Campionato de España de Sabre M-20
Por Redacción |
-
Pablo Moreno, vencedor do segundo Torneo Nacional de Ranking de Sabre
Por Redacción |