Pablo Moreno logra a medalla de bronce no Campionato de España de Esgrima
Por Redacción
A Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra estivo ben respresentada a pasada fin de semana no Campionato de España celebrado en Valladolid.
O máximo expoñente do club pontevedrés foi Pablo Moreno en categoría sénior, logrando subir ao podio en sabre masculino.
Moreno foi terceiro nunha competición que arrancou con cinco vitorias e unha derrota na fase inicial quedando exento da primeira rolda de eliminatorias.
O tirador da Escola Hungaresa gañou despois a Fernando Pereda, do Club de Esgrima Barajas, por 15 toucados a 5, e a Diego De La Fuente, do Club de Esgrima Leganés por idéntico resultado.
Na semifinal Pablo cedeu ante Jorge Escudero, do Club de Esgrima Leganés, por 15 a 11 tendo que conformarse co bronce, na que é a primeira medalla nacional en categoria absoluta para a esgrima pontevedresa.
En Valladolid tamén competiu Natalia Fernández en categoría júnior, finalizando na décimo terceira praza en sabre.
Relacionadas:
-
Subcampionato de España para Luis Castro e o equipo de sabre M-15 da Escola Hungaresa
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa, mellor club do Campionato Galego Absoluto de Esgrima
Por Redacción |
-
Boa imaxe da Escola Hungaresa no Torneo Nacional de Sabre M-15 de Barcelona
Por Redacción |
-
Pablo Moreno faise co bronce no último Torneo Nacional de Sabre da tempada
Por Redacción |