Subcampionato de España para Luis Castro e o equipo de sabre M-15 da Escola Hungaresa
Por Redacción
Notable papel da Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra no Campionato de España Infantil celebrado a pasada fin de semana na localidade catalá de Sabadell.
O torneo, ao que só accedían os 48 mellores tiradores do ranking nacional e os oito mellores equipos de cada arma, finalizou cunha dobre medalla de prata para o club pontevedrés, ambas as dúas na modalidade de sabre M-15.
A nivel individual o pontevedrés Luis Castro destacou chegando ata a final tras realizar un bo torneo, no que eliminou a Alonso Santamaría (Club Esgrima Barajas) por 15-13 para acceder a semifinais e ao número 3 do ranking, Alonso Martín (Club Esgrima de Madrid) clasificándose para a final tras impoñerse por 15 toucados a 8.
Xa na final Luis se enfrontou ao máximo favorito, o tamén madrileño Gerardo Lillo (Club Esgrima Barajas), contando con opcións ata os intantes finais, nas que Lillo decidiu con dúas boas accións para gañar por 15-13.
Tamén realizou un bo papel o seu irmán Paulo Castro, que cedeu na rolda final de oito tiradores ante o que logo sería campión do torneo.
Pola súa banda Pablo González cedeu nos primeiros cruzamentos, mentres Chema Carrera e Andrés Boullosa o fixeron o taboleiro de 32 tiradores.
A segunda medalla para a Escola Hungaresa chegou na proba por equipos, onde cumpriron os prognósticos que o situaban na segunda posición do ranking certificando a medalla de prata cedendo unicamente na final ante o Club Esgrima Barajas por 45 toucados a 26.
Relacionadas:
-
A esgrima galega ponse a punto antes de iniciar unha importante tempada
Por Redacción |
-
Pablo Moreno suma puntos no ranking para Río tras un bo Mundial de esgrima
Por Redacción |
-
Tres medallas de prata para a Escola Hungaresa no Criterium Nacional de Esgrima M-10 e M-12
Por Redacción |
-
A Escola Hungaresa, mellor club do Campionato Galego Absoluto de Esgrima
Por Redacción |
-
Pablo Moreno logra a medalla de bronce no Campionato de España de Esgrima
Por Redacción |
-
Boa imaxe da Escola Hungaresa no Torneo Nacional de Sabre M-15 de Barcelona
Por Redacción |