A mellor clasificación na historia do Arxil
Por Redacción
A directiva do Club Baloncesto Arxil ten un longo período por diante de planificación da próxima tempada no que afrontarán o reto de intentar manter o equipo que pelexou por ascender á máxima categoría do baloncesto feminino nacional.
Ás xogadoras de casa uníronse esta tempada pezas importantes como a senegalesa Miomouna Diarrá, unha das xogadoras máis desequilibrantes da competición, ou a estadounidense Fallon Lewis.
O seu rendemento achegou o salto de calidade necesario para loitar por cotas ambiciosas, aínda que por pequenos detalles as verdes non lograsen chegar á final polo ascenso no play-off celebrado en Lugo.
Malia iso é tempo tamén de facer balance e dende o club pontevedrés fano coa satisfacción de ter igualado a súa mellor clasificación histórica.
O Arxil finalizou a Liga Feminina 2 na sexta praza, tras o cómputo de resultados dos dous grupos, un posto que só ocupara na tempada 2003/2004.
A segunda mellor clasificación histórica remóntase ao curso 2002/2003, cando foron oitavas.
Relacionadas:
-
Movementos no Club Baloncesto Arxil
Por Redacción |
-
Pechar a continuidade do actual plantel, principal preocupación do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil despídese do ascenso tras caer ante o CREF ¡Hola! (65-78) na terceira xornada do play-off
Por Redacción |
-
A falta de acerto en ataque nos minutos finais condena o Arxil á derrota ante o Ensino (55-46)
Por Diego Espiño |
-
Estrea con vitoria do Arxil ante o Plenilunio (61-52) no play-off de ascenso
Por Diego Espiño |