Castellón, Linares ou Mérida, entre os posible rivais do Pontevedra no play-off
Por Diego Espiño
Superada a resaca dunha merecida celebración polo campionato ligueiro, o Pontevedra céntrase xa no que é o principal obxectivo da tempada, o ascenso a Segunda B.
Asegurado o primeiro posto os granates empezan a analizar os seus posibles rivais na eliminatoria entre campións de grupo, encontrando entre os aspirantes equipos históricos do fútbol español.
A falta de dúas xornadas sete son os clubs, ademais do Pontevedra, que certificaron de xeito matemático o primeiro posto.
Nesta lista encóntrase un vello rival dos granates polo ascenso a Segunda División, un Club Deportivo Castellón que dominou o Grupo 6 tras varias tempadas nas que, como o Pontevedra, deambulou por Terceira División sumido en problemas económicos.
Chaman a atención outros dous posibles rivais, o Mérida Asociación Deportiva e o Linares Deportivo.
Nos estremeños, equipo fundado en 2013 como herdeiro do Mérida UD, ademais da súa autoridade na clasificación destaca o apoio social que recibiu durante a tempada, chegando a congregar preto de 10.000 espectadores no Estadio Romano.
Pola súa banda o Linares tamén é un club refundado, no seu caso en 2009 a partir do Club Deportivo Linares que chegou a competir polo ascenso a Segunda.
Os outros equipos que estarán seguros no bombo dos campións son os históricos Algeciras (Grupo 10) e Pena Sport de Tafalla (Grupo 15), o Laredo cántabro (Grupo 3) e o Arandina castelán leonés (Grupo 8).
No resto de grupos todo segue no aire, sendo líderes a falta de dúas xornadas os seguintes equipos: Condal (Grupo 2), Portugalete (Grupo 4), Ascó (Grupo 5), Rayo Majadahonda (Grupo 7), Llosetense (Grupo 11), Mensajero (Grupo 12), Jumilla (Grupo 13), Varea (Grupo 16), CD Ebro (Grupo 17) e Talavera (Grupo 18).
PENDENTES DO ESTADO DE BENJA E JACOBO
Se algunha nota negativa deixou o partido ante As Pontes foron os problemas musculares de Benja e Jacobo, que os obrigaron a pedir o cambio.
Luisito, que deu ata o mércores de descanso ao plantel, encóntrase pendente de coñecer o alcance exacto de ambas as dúas doenzas, pois no caso de padecer algún deles unha rotura de fibras causarían baixa no tramo decisivo da competición.
Relacionadas:
-
Só dous grupos de Terceira seguen sen decidir o seu campión
Por Diego Espiño |
-
A segunda unidade do Pontevedra arranca un merecido punto en Cangas (1-1)
Por Ramiro Espiño |
-
Trámite no Morrazo para o Pontevedra fronte a un Alondras que apura as súas opcións matemáticas
Por Ramiro Espiño |
-
Benja di adeus á tempada
Por Diego Espiño |
-
Campións de Liga! O Pontevedra empata con As Pontes (0-0) e rubrica unha fin de semana máxica para o deporte local
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |