Campionato Galego Máster, ou como a natación deixa de ser só un deporte
Por Redacción
A competición en segundo plano, só deporte, superación e ganas de manterse en forma. Con ese espírito celebrouse no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños el Campionato Galego Master de Verán organizado polo Club Natación Galaico e a Federación Galega de Natación.
O bo ambiente e as bromas entre os participantes presidiron a xornada, na que se deron cita 286 nadadores de diferentes idades pertencentes a 18 equipos de toda Galicia.
A nivel de resultados, a cita resultou positiva para o Galaico, que despois de moitos anos sen contar con representación nesta categoría, presentou un equipo composto por 26 nadadores adestrado por Pablo Expósito.
O club pontevedrés obtivo un meritorio sexto posto grazas ás 19 medallas conseguidas polos seus respresentantes.