A Federación Española de Balonmán concede ao Cisne a Distinción ao Mérito Deportivo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán recibirá a Distinción ao Mérito Deportivo que outorga a Real Federación Española de Balonmán en recoñecemento á tempada do club pontevedrés, que culminou co ascenso a División de Honra Prata.
A entidade pontevedresa é un dos oito clubs galardoados nos Premios Nacionais 2015 da Federación Española, que se entregará o próximo 20 de xuño no Museo López Villaseñor de Ciudad Real.
Santiago Picallo, presidente do Cisne, será o encargado de recoller a distinción tras asistir á Asemblea Xeral que se celebrará ese mesmo día.
Os Premios Nacionais recoñecen o traballo e a traxectoria de xogadores, adestradores, directivos, personalidades ou empresas relacionadas co mundo do balonmán.
Entre os galardoados nesta ocasión encóntranse tamén o presidente da Federación Galega, José Luis Pérez Ouro, o Concello de Porriño e o que ata a data era alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo.
Consulta a lista completa de premiados neste enlace.