Honras oficiais para un Cisne que busca diñeiro para saír en Prata
Por Diego Espiño
Cun pouco de atraso debido ao recente proceso electoral, o Concello ofreceu unha recepción oficial ao Club Cisne Balonmán polo seu ascenso á División de Honra Prata.
O Pazo de Mugartegui foi escenario dun sinxelo acto no que o presidente do club, Santi Picallo, entregou unha placa ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e un libro do 50 aniversario da entidade que tamén recibiu a nova concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
De fondo, a busca de financiamento no que está inmersa a directiva, que debe confirmar antes do 30 de xuño a súa inscrición na categoría.
O Cisne aínda non ten segura a súa participación en Prata, pero dende a entidade se mostran optimistas, principalmente tras as palabras de apoio de Lores, que prometeu "facer un esforzo" dende o goberno local.
No plano deportivo, a intención do club é contar para a nova aventura coa práctica totalidade do plantel que logrou o histórico ascenso.
Relacionadas:
-
Bota a andar o proxecto de prata do Club Cisne Balonmano
Por Redacción |
-
Ramón Gil, novo reforzo do Cisne para encarar a División de Honra Prata
Por Redacción |
-
Iago Cuadrado, segundo reforzo para o Cisne
Por Redacción |
-
A Federación Española de Balonmán concede ao Cisne a Distinción ao Mérito Deportivo
Por Redacción |
-
O Cisne senta as bases do equipo que competirá en División de Honra Prata
Por Redacción |
-
Última homenaxe á histórica campaña do Cisne
Por Redacción |