127 rapaces participan na V edición do Campus de Balonmán Davor Cutura
Por Redacción
O ex xogador do Teucro, Davor Cutura, que a próxima tempada xogará en Francia tras o seu paso por Qatar, presentaba este martes 7 unha nova edición, a quinta, do campus de balonmán que leva o seu nome. Nesta ocasión, acompañado pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, o xogador estivo acompañado por dez mozos brasileiros que van participar a partir do xoves nesta iniciativa deportiva na que están inscritos 127 rapaces de ámbolos sexos.
Esta cita contará durante este ano cun campus de Tecnificación para mellorar durante os tres primeiros días a técnica individual e despois xa se desenvolverá dun xeito clásico con traballo colectivo, segundo indicou o xogador serbio. A través desta modalidade, os alumnos aprenderán ferramentas básicas dos seus postos de xogo. A partir do 11 de xullo desenvolverase o campus orixinal que finalizará o 18 de xullo.
O campus celébrase no colexio Los Sauces que conta, segundo Cutura, cunhas magníficas instalacións para acoller este evento. Entre outros adestradores e monitores que participarán nesta edición encóntranse o xogador Borja Fernández, subcampión mundial con Qatar e o porteiro galego da selección Rodrigo Corrales.