Borjas Martín aposta por "seguir creciendo como jugador" en Pontevedra
Por Diego Espiño
O novo dianteiro do Pontevedra, o canario Borjas Martín, foi presentado este venres como novo xogador do club granate nunha rolda de prensa celebrada no Estadio Municipal de Pasarón.
Martín mostrouse satisfeito por chegar a "un equipo histórico, grande, que es lo que buscaba".
O ex-futbolista do Atlético Astorga asegurou que o Pontevedra é un club "que me permitirá seguir creciendo como jugador".
Tras disputar a pasada campaña a liga de Segunda B no Grupo I, no que anotou 13 tantos, Borjas ve dous equipos por enriba do resto "que son Racing de Santander y Racing de Ferrol, y el resto se puede hacer un grupo que quizás está un paso por debajo por presupuesto y por los últimos años y ahí nos podemos meter el Pontevedra", sinalou ante os medio de comunicación.
Despois do seu presentanción o dianteiro uniuse pola tarde aos adestramentos co resto do equipo.
No acto tamén se explicou un acordo comercial ao que a entidade chegou coa firma Neumáticos Gallardo, que repercutirá en forma de descontos aos socios granates.
AMIGABLE EN REDONDELA
Aos catro partidos amigables xa confirmados, o Pontevedra anunciou un novo compromiso de preparación, que será o primeiro que dispute o equipo de Luisito en pretempada.
A estrea dos granates producirase o próximo mércores 29 de xullo ás 21:00 horas no campo de Santa Mariña de Redondela, tendo como rival ao club local, o Choco.
Relacionadas:
-
Presentado o Trofeo Cidade de Pontevedra ante o Real Valladolid. O Luis Otero, no aire
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra presenta a Ramón Verdú: "Todos me hablan maravillas de la ciudad y del club"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Ramón Verdú, reforzo para o lateral zurdo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O dianteiro canario Borjas Martín convértese na cuarta fichaxe do Pontevedra
Por Redacción |
-
Volta ao traballo con poucas caras novas e varias frontes sen pechar
Por Diego Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Primeiros reforzos para o novo proxecto do Pontevedra en Segunda B
Por Diego Espiño |