Ramón Verdú, reforzo para o lateral zurdo do Pontevedra
Por Diego Espiño
Luisito xa ten o lateral esquerdo que buscaba para reforzar unha posición que xa a tempada pasada lle deu moitos rompedeiros de cabeza, sobre todo tras a marcha de David Feito.
Trátase de Ramón Verdú, futbolista andaluz de 31 anos cunha ampla traxectoria na división de bronce do fútbol español.
Verdú chega a Pontevedra procedente do Marbella, equipo ao que chegou no pasado mes de xaneiro dende o Nastic de Tarragona.
Nuns meses tivo tempo de disputar 12 partidos, 10 deles como titular, e anotar dous goles.
Antes do seu paso por estes equipos xogou en clubs como o San Fernando, o Lleida ou o Lorca.
Ramón Verdú convértese así na quinta fichaxe do club granate. Será presentado o próximo luns tras o adestramento matinal do equipo.