O Poio FS inicia a pretempada co obxectivo de "seguir creciendo" na máxima categoría
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Este martes arrancou o terceiro proxecto do Poio Fútbol Sala na Primeira División, coa volta aos adestramentos do equipo que esta tempada dirixe Jorge Basanta.
As vermellas regresaron ao traballo "en buena forma", segundo recoñece Basanta, para encarar un curso no que esperan "mejorar lo del año pasado" e seguir crecendo na máxima categoría do fútbol sala feminino nacional.
Tres son as caras novas no equipo, ademais do corpo técnico, as da gardameta Yari (La Rioja FSF) e as xogadoras Jesi (La Rioja FSF) e Ale de Paz (Valdetires Ferrol), que completan un bloque no que se aposta pola continuidade.
Ademais Jorge Basanta contará con tres futbolistas da canteira como Suqui, Paula e Pipi para o primeiro equipo, onde se asenta xa con pleno dereito Nerea Moldes.
O equipo vermello alternará ata o inicio de liga, o 19 de setembro en Alcorcón, xornadas cun adestramento e sesións dobres, ao que haberá que engadir "cuatro o cinco amistosos con equipos gallegos de Primera División y alguno con equipos portugueses"
Sen embargo o calendario da pretempada dependerá do cadro de competición da Copa Xunta, que se sorteará o próximo martes 11 de agosto.
Relacionadas:
-
O Poio Fútbol Sala, premiado como mellor club de Galicia
Por Redacción |
-
Prometedora estrea do Poio FS goleando ao potente Burela (5-1)
Por Redacción |
-
O Poio FS arrancará a liga en Alcorcón a mediados de setembro
Por Redacción |
-
Jorge Basanta será o novo adestrador do Poio Pescamar FS na Primeira División
Por Redacción |