Unai Silva, co Mundial Cadete de taekwondo entre cella e cella
Por Diego Espiño
Sen renunciar a nada. Así acode Unai Silva ao Campionato do Mundo Cadete de Taekwondo que se celebrará en Muju (Korea) do 23 ao 26 de agosto.
"Como sacó medalla en el último Europeo y cuando perdió lo hizo por muy poco se ve con opciones", recoñece o seu adestrador, Miguel Cortegoso.
Unai competirá en Korea na categoría de -57 quilos, acudindo á cita dentro do equipo nacional que compoñen outros nove deportistas.
O seu club, o Mace Sport, organizou para este sábado un adestramento con outros cinco clubs galegos coa intención de que Unai chegue á cita na mellor forma posible.
En total reuníronse preto de 50 deportistas no pavillón da ONCE en busca de "un entrenamiento de calidad" que se repetirá dentro dunha semana en Ribeira antes de partir cara ao país asiático.