Unai Silva, sen sorte no Mundial cadete de taekwondo
Por Redacción
Tiña moitas esperanzas nesta competición, na que quería realizar un bo papel tras a súa medalla de bronce no último Europeo, pero Unai Silva non tivo o seu día en Korea.
Alí, concretamente na localidade de Muju, o deportista pontevedrés do Mace Sport afrontou este mércores a súa participación no Campionato do Mundo Cadete de taekwondo.
Unai, malia contar con opcións, despediuse do torneo en primeira rolda ao caer nun apertado combate ante o representante de Estados Unidos (19-18) na categoría de -57 quilos.
O resultado foi similar á da outra deportista galega en liza este mércores, Tania Castiñeira (Hebe) que perdeu no seu primeiro combate ante a xordana Aysheh Alsedah.
Pola súa banda a terceira taekwondista galega que viaxou a Corea si protagonizou un gran campionato, xa que Aitana Santomé (Patiño) se colgou o bronce na categoría de -55 quilos, no seu caso disputada o martes.
Relacionadas:
-
O taekwondo pontevedrés, a polo Campionato de España Júnior
Por Redacción |
-
Unai Silva, co Mundial Cadete de taekwondo entre cella e cella
Por Diego Espiño |
-
Esperanzas olímpicas no taekwondo pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
Unai Silva, bronce no campionato de Europa de taekwondo cadete
Por Redacción |