O Leis inicia a pretempada tras pechar o plantel
Por Redacción
O equipo masculino do Leis Pontevedra púxose o mono de traballo para preparar a competición ligueira.
Baixo as ordes un ano máis de Manu Cossío, o equipo pontevedrés iniciou oficialmente os adestramentos de pretempada nun ano que no que esperan dar un paso adiante e evitar os apuros da pasada campaña, na que sufriron para lograr a permanencia en Segunda B.
Xogadores do equipo filial e do xuvenil completan o equipo durante os primeiros días de traballo ante a ausencia dalgúns futbolistas.
Todo iso malia que o plantel, para a dirección deportiva do club, está completo despois de anunciar as últimas renovacións, as de Pablo Durán e Barcala.
Durante os primeiros días de traballo os xogadores do Leis afrontarán unhas sesións de esixencia física que alternarán con varios compromisos amigables que aínda non se confirmaron.
A liga na Segunda B de fútbol sala arrancará o 19 de setembro cun derbi ADFS Bueu a domicilio.