Ponte Caldelas estrea a súa carreira popular +5 Bandeira Azul
Por Redacción
Preto de 300 atletas, entre as carreiras de menores e a categoría absoluta, tomaron parte da primeira carreira popular +5 Ponte Caldelas Bandeira Azul.
Disputada nun circuíto urbano de 5.000 metros de lonxitude, os atletas gozaron dun percorrido entre a Alameda e a área recreativa da Calzada.
O gañador en categoría masculina foi Abel Barros, por diante de Diego González e Juan Díaz, mentres a vencedora en categoría feminina foi Anais Rivas, completando o podio Marga Villaverde e Rosana Sequeiros.
Entre os participantes púidose ver ao alcalde ponte Caldelas, Andrés Díaz, que despois tomou parte tamén na entrega de premios.
Desluciu un pouco a xornada o mal tempo, que obrigou a adiantar o horario das carreiras de menores.