Teresa Abelleira, convocada pola Selección Española de Fútbol Sub-17
Por Redacción
Debutou o pasado mes de febreiro coa Selección Española de Fútbol Sub-16 e co inicio dunha nova tempada segue entrando nos plans dos técnicos nacionais en categoría sub-17.
A pontevedresa Teresa Abelleira, que milita na Agrupación Juvenil de Lérez, foi citada a unha concentración de tres días (7, 8 e 9 de setembro) que se celebrará na Cidade do Fútbol de Las Rozas.
Teresa e a santiaguesa Nuria Rábano (Atlético Arousana) son as únicas futbolistas galegas na lista feita pública pola Real Federación Española de Fútbol.
Xunto a elas acoden á convocatoria: Laia Aleixandri, Berta Pujadas, Ona Batlle, Helena Barco, Paula Fernández e Candela Andújar (FC Barcelona); Miriam Amparo Luque (Alhama CF); Nerea Eizaguirre (Añorga KKE); Rosa Otermín (Atlético de Madrid Féminas); Leyre Monente (Athletic Club); Noelia Ramos, Natalia Ramos (UD Granadilla); Alejandra Serrano (Levante UD); Lorena Navarro, Silvia Rubio (Madrid CFF); María Blanco, Patricia Zugasti (Mulier FCN); Laura Gutiérrez (Oviedo Moderno); Carmen Gordillo (Sevilla FC); María Sampalo (CD Sporting Club); Berta Bou (UE L'Startit) y Ana Velázquez (CD Alcaine).