A pontevedresa Teresa Abelleira repite convocatoria coa Selección Española Sub-16
Por Redacción
A futbolista pontevedresa Teresa Abelleira consolídase aos poucos como unha das fixas nas convocatorias da Selección Española Sub-16.
A xogadora da A.J. Lérez foi incluída na lista de 24 elaborada pola seleccionadora, Toña Is, para unhas xornadas de adestramento.
Estas desenvolveranse na Cidade do Fútbol de Las Rozas os días 11, 12 e 13 de xaneiro, sendo Abelleira a única futbolista dun club galego na convocatoria.
Teresa debutou no equipo nacional sub-16 o pasado mes de febreiro no Torneo de Desenvolvemento da UEFA, volvendo a unha convocatoria en setembro para idade sub-17.
Consulta aquí a convocatoria completa da Selección Española Feminina Sub-16.