A historia do Club San Miguel de Marín, protagonista da XVIII Milla Urbana
Por Diego Espiño
A Milla Urbana San Miguel de Marín faise maior de idade coa súa XVIII edición, que terá lugar o próximo sábado 26 de setembro na Alameda.
Coincidindo con esa efemérida, a organización quixo converter a xornada atlética nunha homenaxe á historia do Club San Miguel "desde Manuel Garza, primer internacional marinense, a Jean Marie Okutu", explica Gonzalo Méndez.
Eses 54 anos de historia están representados no libro 'Máis alá da lenda', escrito por Lito Gesteiro e Mario Barreiro e que será presentado o día da carreira.
Alí estarán "más de 100 atletas" que pasaron polo club ao longo da súa xa longa historia e os autores asinarán os libros, cuxa recadación (15 euros de custo) se destinará á promoción das escolas deportivas do club.
A presentación do libro realizarase ás 17:00 horas, media hora antes das cales comecen as carreiras de menores.
En canto ás probas elite, previstas para as 19:30 horas, espérase a presenza de "los mejores atletas de Galicia y algunos de España. Será una milla de mucho nivel", explicou Méndez na súa presentación.
A xornada deportiva pecharase ás 20:00 horas coa entrega de premios e diversas homenaxes a peronas relacionadas co mundo do deporte.