O Peixe Galego toma aire coa firma dun acordo de patrocinio con ENCE
Por Redacción
Balón de osíxeno para a delicada economía do Marín Peixe Galego coa firma dun acordo de patrocinio con ENCE grazas a mediación do Concello.
Logo dun verán de traballo intenso nos despachos e incerteza polo elevado custo de competición na LEB Prata, o conxunto marinense decidiuse a seguir adiante, para o que se presenta imprescindible aumentar os seus ingresos.
O acordo coa pasteira "nos supone bastante", recoñece o presidente 'peixe', Luis Santiago, e irá destinado "a gastos del club, fundamentalmente de la base".
As cantidades non se pecharon por completo pero situaríanse en torno aos 20.000 e os 25.000 euros e tamén supoñen "una responsabilidad, porque estamos intentando cerrar la organización de un campeonato de España, posiblemente infantil", explicou Santiago.
O Peixe Galego conta este ano con "cerca de 200" xogadores federados, unha cifra que case se dobra si se teñen en conta as prazas das escolas deportivas que dirixe.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego dá a sorpresa na Copa Galicia eliminando ao Breogán (71-69)
Por Redacción |
-
Varios equipos de LEB, co Peixe Galego á cabeza, plantexan fusionar as categorías Ouro e Prata
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego pesca na NCAA para pechar o seu xogo exterior
Por Redacción |
-
Novo calendario para Peixe Galego e Xuven na LEB Prata
Por Diego Espiño |