Comeza a liga para o Teucro
Por Diego Espiño
Primeiro partido da tempada para a Sociedade Deportiva Teucro e primeiro reto, vencer na casa do actual campión da División de Honra B de balonmán e probablemente mellor equipo da categoría, o filial do Fútbol Club Barcelona (18:30 horas, pavillón Joan Gamper).
Javier Barrios conta cun equipo moi renovado tras a marcha de homes importantes a pasada tempada como Jorge Silva, Unanue, Salgado ou Milan Calic. As baixas cubríronse con xogadores da casa e a chegada de novos valores con experiencia na categoría.
Un deles, o catalán Francesc Asensio "Siscu", e que coñece ben ao filial culé tras formarse nas categorías inferiores do equipo barcelonés, non renuncia a dar batalla na pista, "vamos con ganas y ver si se puede dar la sorpresa, pero sobre todo vamos a luchar el partido, los dos puntos o el punto que se pueda llegar a ganar. Vamos a ir con todo".
Siscu: "la categoría está cada año más floja. Yo nos veo media tabla hacia arriba, cerca del play-off"
Siscu, procedente do Pozoblanco, ve o equipo pontevedrés con opcións de facer unha boa tempada tras os apuros do pasado ano, "la categoría está cada año más floja. Yo nos veo media tabla hacia arriba, cerca del play-off, al menos viendo las ganas que le pone la gente".
O equipo do Teucro viaxa o mesmo día do encontro á Cidade Condal. Parte do aeroporto de Santiago de Compostela ás 8:30 horas para volver ao rematar o choque nun voo que sae ás 5:30 da madrugada de El Prat.