Adrián Sieiro, a pola súa primeira medalla internacional no Europeo júnior e sub23 de piragüismo
Por Redacción
Adrián Sieiro, un dos padexeiros galegos máis prometedores, ten ante si o reto de lograr a súa primeira medalla internacional. É o gran obxectivo que lle levou a encabezar a delegación autonómica que se desprazou ata a localidade romanesa de Baskov para disputar, a partir deste xoves, o Campionato de Europa Júnior e Sub-23, competición que vén sendo o último gran torneo do ano.
O integrante do club Piragüismo Poio debutará xa este mesmo xoves. Tras ser sexto no mundial absoluto de Milán, o pontevedrés buscará o pase á final do C-1 500 metros na categoría sub-23 ás 16.15 horas. Ademais, tamén participará na proba do C-1 200 metros.
Pouco antes debutará o seu compañeiro de equipo, Álex Bernárdez. Será ás 15.05 horas, disputando a eliminatoria do C-1 500 xuvenil. As tres primeiras posicións daranlle o pase á final. Tamén participará no C-1 200, aínda que xa o venres pola tarde.
En todo caso, a primeira en competir será Carla Sieiro (Club Naval de Pontevedra) na distancia do K-1 1000 metros en categoría xuvenil. Farao ás 9:40 horas pola rúa 9 da primeira serie, buscando a primeira posición para así acceder directa á final. Despois será a quenda do seu compañeiro Iago Monteagudo, que participará no K-2 1000 xuvenil xunto co padexeiro Adreu Mor. A súa serie dará comezo ás 10:52 e terán que ser primeiros para obter o pase directo para a final. Participará pola tarde na eliminatoria do K-2 500.
Tamén a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra terá unha representante nestes campionatos. Será Carolina García que, xunto coa padexeira Andrea Piñeiro do Club Náutico Firrete, debutará nunha cita internacional ás 15:45 na eliminatoria do K-2 500 metros na categoría xuvenil.
Relacionadas:
-
Álex Bernárdez e Adrián Sieiro rozaron as medallas na última xornada do Europeo Junior e Sub-23
Por Redacción |
-
Alex Bernárdez e Adrián Sieiro, á final do Europeo Júnior e Sub23 de piragüismo pola vía rápida
Por Redacción |
-
Tono Campos únese á festa de Teresa Portela cunha prata mundial no C-1 5.000 metros
Por Redacción |
-
Boa xornada para o piragüismo galego en Milán, onde brilla Teresa Portela
Por Redacción |
-
Álex Bernárdez e Adrián Sieiro fíxanse novos obxectivos internacionais
Por Diego Espiño |