Formación de División de Honra para os adestradores do Waterpolo Galaico
Por Redacción
Os adestradores do Club Waterpolo Galaico aproveitarán a fin de semana para perfeccionar os seus métodos de adestramento na III Xornadas Técnicas de Waterpolo que organiza a Federación Galega de Natación na cidade.
O obxectivo destas xornadas é mellorar o nivel do waterpolo galego para aos poucos igualalo co doutras zonas de España.
Tres dos adestradores do club pontevedrés gozarán da experiencia en División de Honra de Beto Fernández, técnico do CN Mataró e que será o encargado de dirixir a xornada.
A xornada desenvolverase este sábado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en horario intensivo, de 9:30 a 20:15 horas.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Durante a próxima semana, do 21 ao 25 de setembro, o Waterpolo Galaico abrirá os seus adestramentos a nenos entre 6 e 11 anos e nenas ata os 13 para que proben sen compromiso este deporte.
A piscina de Campolongo acollerá estas xornadas, o luns, mércores e venres de 16:00 a 18:00 horas e o martes e o xoves de 17:30 a 19:30 horas.