Rubén Martínez decide o derbi para o Arosa (1-0) nos últimos minutos
Por Redacción
O derbi quedou na casa. Un gol de Rubén Martínez a catro minutos do final deu a vitoria ao Arosa sobre o Ribadumia e permite aos de Piscis manter o liderado de Terceira División, tras un partido no que o equipo arlequinado foi superior e fixo méritos para levar os tres puntos.
O encontro foi dominado polos de Piscis aínda que esa superioridade non se traduciu en ocasións de gol. Á parte do gol de Rubén, os arlequinados contaron con dúas ocasións claras, a primeira foi un cabezazo de Sylla a centro de Fran Fandiño, e logo un disparo de Cabanyes ao traveseiro.
Hugo Soto foi o xogador que levou máis perigo nos primeiros minutos con dúas ocasións, primeiro un cabezazo que se marcha por pouco, e logo un disparo afastado que se vai alto.
O Ribadumia non logrou inquietar a Jorge ata pasada media hora de partido, con Julio Rey como protagonista. Tras o descanso Piscis deu entrada a Cabanyes. O Arousa avisaría pronto cun remate de Sylla. O ex do Ribadumia puido facer os primeiro minutos despois ao cabecear un gran centro de Fandiño.
Os visitantes adiantaron liñas no segundo tempo, avisando en varias ocasións á zaga arlequinada. A máis clara foi un remate de Changui, que detivo Jorge Pérez en dous tempos.
Piscis deu entrada a Rubén Martínez e a Dani Bea, buscando máis chegada á área de Manu Táboas. O propio Dani Bea puido adiantar ao Arosa poucos minutos despois de ingresar no céspede, pero non conseguiu chegar a rematar un centro desde a esquerda. Si o fixo o canteirán Rubén Martínez, que tras un barullo na área visitante sacou un forte disparo para facer o 1-0 definitivo.
O Arosa aínda tería outra clara cun disparo de Cabanyes, que se estrelou no traveseiro tras unha gran xogada de Dani Bea.
Relacionadas:
-
Acéndense as alarmas para o Ribadumia ao caer en Cangas (3-1)
Por Redacción |
-
Agus salva un punto para o Ribadumia nos minutos finais
Por Redacción |
-
O Arosa encaixa a súa primeira derrota e cede o liderado ao Barbadás (2-0)
Por Redacción |
-
A boa marcha do Arosa impulsa a súa campaña de socios
Por Redacción |
-
Repartición de puntos (1-1) entre Ribadumia e Boiro nun partido histórico para a arbitraxe galega
Por Redacción |
-
Vitoria e liderado para o Arosa (0-2) no Barco
Por Redacción |