Repartición de puntos (1-1) entre Ribadumia e Boiro nun partido histórico para a arbitraxe galega
Por Redacción
Zulema González González é a primeira árbitra galega en dirixir un partido de Terceira. Un dato histórico para o fútbol galego que non ven só. No Ribadumia-Boiro Zulema González estivo acompañada de dúas asistentes. Xunto a Elena Casal Fernández e Alicia Andrés Silva formaron o primeiro trío arbitral completamente feminino nunha categoría nacional no que a fútbol en Galicia se refire.
O Ribadumia-Boiro era un partido interesante de por sí, pero a presencia de Zulema, Elena e Andrea aumentou considerablemente o impacto do mesmo, cunha repercusión mediática sen parangón na Senra.
A Zulema desexáronlle sorte antes do encontró o Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, así como o Presidente do Comité Técnico de Árbitros, Fernando Iglesias, que estivo acompañado por membros da directiva e por un amplio número de compañeiros árbitros, que a quixeron acompañar neste día tan importante para ela.
En canto ao partido, Zulema tivo traballo, tanto que debeu mostrar a súa firmeza expulsando por dobre amoestación a dous xogadores locais, Nando no minuto 78, e Jonatan no 85, o que fixo que o Ribadumia terminase o partido con só nove homes sobre o campo.
Os locais adiantáronse no marcador aos 20 minutos cun gol de Nando, logrando manter a súa vantaxe ata os últimos instantes.
O Boiro aproveitou a superioridade numérica, precisamente por expulsión do goleador, Nando, para empatar a falta de sete minutos por medio de Herbert.
Logo viría a segunda expulsión para os aurinegros ao ver tamén a segunda amoestación Jonatan, pero o marcador xa non se movería.
Relacionadas:
-
Rubén Martínez decide o derbi para o Arosa (1-0) nos últimos minutos
Por Redacción |
-
O Ribadumia-Boiro, primeiro partido de categoría nacional arbitrado só por mulleres
Por Redacción |
-
Dani Fernández tomba ao Ribadumia (1-0) en As Pontes
Por Redacción |
-
O Verín asalta A Senra no desconto vencendo o Ribadumia (2-3) nun partido de infarto
Por Redacción |