Dani Fernández tomba ao Ribadumia (1-0) en As Pontes
Por Redacción
Un solitario gol de Dani Fernández ao pouco de comezar a segunda parte (minuto 53) valeu ao As Pontes para derrotar un Ribadumia que pretendía sacar partido do apurado momento do conxunto que adestra Pablo López.
Os coruñeses presentábanse no seu campo do Poboado sen poder contar con tres dos seus homes importantes, como son Chote, Toni e Chicho, por lesión, e coa urxencia de gañar tras non o poder facer nin na xornada inaugural no seu campo, fronte ao Bergantiños, nin tampouco na súa visita ao campo do recén ascendido Barco.
En fronte, o Ribadumia chegaba despois de gañar ao domicilio ao Órdenes, pero co lastre da derrota inesperada na Senra fronte a outro recén ascendido como o Verín.
Ao final, nin o debut da última fichaxe aurinegra, Julio Rey, que entrou no equipo mediada a segunda parte, puido evitar unha dolorosa derrota do conxunto do Salnés, que non estivo acertado ante o marco contrario.
Relacionadas:
-
Repartición de puntos (1-1) entre Ribadumia e Boiro nun partido histórico para a arbitraxe galega
Por Redacción |
-
O Ribadumia-Boiro, primeiro partido de categoría nacional arbitrado só por mulleres
Por Redacción |
-
O Verín asalta A Senra no desconto vencendo o Ribadumia (2-3) nun partido de infarto
Por Redacción |
-
Bo comezo do Ribadumia impoñéndose a domicilio (0-2) ao Órdenes
Por Redacción |