Darío Suárez súmase ao proxecto do Peixe Galego
Por Redacción
Logo da grande imaxe mostrada polo equipo na Copa Galicia, na que eliminou ao Breogán de Lugo e puxo en problemas ao Obradoiro de Liga ACB, o Marín Peixe Galego reforza un pouco máis o seu persoal.
Faio cunha renovación esperada, pero que estaba no aire pola situación laboral do xogador fóra das canchas.
Trátase de Darío Suárez, que seguirá deste xeito ligado o club 'peixe' na que será a súa terceira campaña en Marín.
O base coruñés alcanzou a pasada liga 5,2 puntos por partido e aportará, segundo o club, "intensidade, experiencia e competitividad ao plantel".
O acordo con Darío, que á marxe do baloncesto é enxeñeiro de obras públicas, queda supeditado a que unha posible oferta de traballo no seu campo profesional poida significar a súa baixa ao longo do curso.