Duras derrotas de Balonmán Pontevedra (39-19) fronte a OAR Coruña e Poio Artai (8-31) ante Atlético Novás
Por Redacción
Duro pau o sufrido polo Balonmán Pontevedra no debut ligueiro en terras herculinas. Os pontevedreses foron derrotados de forma contundente polo OAR Coruña, nun partido que tivo clara cor local.
A resistencia visitante apenas durou os catro primeiros minutos de partido. A partir de aí, un primeiro parcial de 6-0 en pouco máis de sete minutos deixou seriamente tocado ao BM Pontevedra, que xa foi incapaz de reaccionar e así, tras chegar ao descanso cunha clara desvantaxe (20-8) tivo que sufrir como na segunda parte a diferenza seguiu crecendo ata ese contundente marcador final.
OAR CORUÑA (39): Roberto Casero (1); Angeriz (5), Couceiro (8), Kevin Dacosta, Yoel García (1), Carlos Martín, Diego Martínez (2), Horacio Pardales (3), Daniel Picado (2), Hugo Rodríguez, Sergio Sarasola (9), Álex Sotelo (1), Ignacio Suárez (5) e Aresio Rosende (2).
BALONMÁN PONTEVEDRA (19): Eduardo Alonso, Santi Picallo, Fernando Rey; Víctor Ansias (1), Borja Barco, Víctor Barreiro, Santi Calvo, Diego Carballa (1), Rodrigo Carro (1), Erselle (5), Iago Fernández (2), Gonzalo García (1), Gonzalo Eloy, Roibás (1), Alberto Santiago (7) e Jaime Vidal.
Árbitros: Daniel Portela Fernández e Martín Rodríguez Mondelo (Galicia). Excluíron dous minutos a Diego Martínez, Horacio Pardales e Daniel Picado, polos locais, e a Fernando Rei (2) e Alberto Santiago, polo conxunto pontevedrés.
Marcador (cada cinco minutos): 3-2, 7-2, 11-4, 13-6, 17-7, 20-8 (descanso), 23-9, 26-14, 30-14, 32-16, 36-18 e 39-19 (final).
Incidencias: Polideportivo San Francisco Javier (A Coruña).
MALLEIRA DO ATLÉTICO NOVÁS AO POIO ARTAI
Non lle sentou ben ao Poio Artai a súa estrea nunha categoría recuperada de rebote durante o verán. Certo que o rival, o Acanor Atlético Novás, non era o máis indicado para as posibilidades dos locais, pero aínda así, os do Rosal paseáronse na Seca, endosando ao seu rival un contundente 8-31 que fala por si só.
O Poio Artai non foi rival en ningún momento, ata o punto de conseguir anotar unicamente tres goles no primeiro tempo, que finalizou xa cun esmagador 3-15 que foi crecendo paulatinamente sen que o Atlético Novás tivese que apertar o acelerador en ningún momento.
Relacionadas:
-
Seguen sen levantar cabeza BM Pontevedra e Poio Artai, que caen (25-32) fronte a BM Cañiza e Calvo Xiria (34-12)
Por Redacción |
-
Derrotas do BM Pontevedra en Lavadores (30-29) e Poio Artai na Seca ante BM Artabro (18-25)
Por Redacción |
-
Apuros do BM Pontevedra para desfacerse do BM Porriño (26-24)
Por Redacción |