Derrotas do BM Pontevedra en Lavadores (30-29) e Poio Artai na Seca ante BM Artabro (18-25)
Por Redacción
Pagou coa derrota o BM Pontevedra a súa desastrosa primeira parte en Lavadores. O Cinco Jotas dominou con autoridade neses primeiros 30 minutos, conseguindo irse ao descanso cun claro marcador favorable de 18-12.
A reacción dos de Kiko Pazos chegaba nada máis renovarse o partido. En apenas 14 minutos deron caza ao conxunto local, logrando empatar (21-21). Comezaba un novo partido presidido pola igualdade.
Estanislao Erselle chegaba a poñer por diante ao equipo pontevedrés por primeira e única vez no choque (27-28) a falta de pouco máis de dous minutos, pero os vigueses deron a volta e despois dun novo gol de Erselle para empatar a 29, prepararon a última xogada cun tempo morto, conseguindo Alejandro Febrero o gol da vitoria do Cinco Jotas, cando tan só restaban sete segundos para o final.
NON PUIDO O POIO ARTAI CON BM ARTABRO
Outra mala primeira parte, neste caso do Poio Artai, foi a causa da derrota na súa propia pista da Seca, a mans de BM Artabro (18-25), nun partido no que os locais volveron mostrar as súas dificultades ofensivas.
Os coruñeses foron sempre por diante, conseguindo unha cómoda renda ao descanso (7-14), que souberon administrar sen maiores apuros na continuación.
Relacionadas:
-
Sete minutos de descoido colectivo cústanlle o partido ao BM Pontevedra (23-28) ante BM Lalín
Por Redacción |
-
BM Pontevedra acariña a remontada imposible en Coia (29-23) e Poio Artai cae ante Luceros (17-33)
Por Redacción |
-
Seguen sen levantar cabeza BM Pontevedra e Poio Artai, que caen (25-32) fronte a BM Cañiza e Calvo Xiria (34-12)
Por Redacción |
-
Apuros do BM Pontevedra para desfacerse do BM Porriño (26-24)
Por Redacción |
-
Duras derrotas de Balonmán Pontevedra (39-19) fronte a OAR Coruña e Poio Artai (8-31) ante Atlético Novás
Por Redacción |