Handbol Bordils non dá opción a un Cisne que compite ata o final (31-27)
Por Redacción
Despois dunha sensacional primeira parte, o Cisne caeu derrotado polo Handbol Bordils, que na segunda soubo abrir brecha nos momentos craves do partido para escaparse no marcador de forma definitiva.
Os pontevedreses levaron a iniciativa practicamente ata o descanso e só cederon no últimos tres minutos, momentos que aproveitaron os cataláns para facerse cunha renda de tres goles.
Na continuación os de Edín Covelo non foron capaces de parar o xogo de ataque local, que da man de Eduard Nono escapouse sentenciando o resultado a falta de dez minutos (29-21), aínda que os pontevedreses non deixaron de competir ata o final, logrando reducir a desvantaxe nunha meritoria reacción no últimos cinco minutos.
HANDBOL BORDILS (31): Jordi González, Joan Comas; Farrerons (6), Sergi Mach (1), Francesc Reixach (2), Oriol Márquez (1), Marc Gombis (5), Marc Prat, Eduard Nono (9), David Masó (1), Joan Vilanova, Masmiquel (1), Ignasi Moreno (3), Dalmau Huix, Josep Reixach (1) e Esteve Ferrer (1).
BM CISNE (27): Toño Lafuente, Pablo Galán; Iván Abilleira (2), Bruno Montesinos (1), Álex Chan (7), Pablo Picallo, Ramón Gil (3), Miguel Simón, Javi Vázquez (4), Carlos Pombo, Iago Cuadrado (1), Pablo Vidal (2), Pablo Rey (2), Pepe Camiña (2) e Guillermo Rial (3).
Árbitros: José Manuel Iniesta Castelo e Miguel Martín Soria Fabián (Valencia). Excluíron dous minutos a Farrerons, Marc Prat, David Masó (2) e Dalmau Huix, polos locais, e a Iván Abilleira (2), Pablo Vidal (2), Pablo Rey e Guillermo Rial, polo Cisne.
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 4-4, 7-8, 11-10, 13-12, 16-13 (descanso), 18-15, 22-16, 26-18, 29-21, 30-22 e 31-27 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de deportes "Blanc i Verd" (Bordils). Uns 500 espectadores.