Mace Sport e Mat's regresan do nacional junior de taekwondo con catro medallas ao pescozo
Por Redacción
Gran resultado para os taekwondistas pontevedreses no Campionato de España Júnior celebrado durante a fin de semana en Alacante.
Á cita acudiron dez deportistas de Mace Sport, Mat's de Marín e Taekanart, regresando con catro medallas ao pescozo.
O mellor papel foi o da pontevedresa Sara Cortegoso (Mace Sport), ao conseguir o ouro na categoría de -46 quilos tras superar na final á valenciana Tamara Mikely por un claro 16-6. Antes desfíxose das representantes de Aragón, Madrid e Murcia.
Subcampioa de España proclamouse pola súa banda Jessica Blanco (Mace Sport) en -55 quilos tras un notable campionato no que só cedeu ante a madrileña Lidia Fernández (14-2).
Tamén conseguiu unha medalla de prata Rubén Troitiño (Mat's) en -74 quilos, categoría na que pelexou na final con outro galego, Adrián Pombo (Natural Sport), que lle superou por un apertado 5-4.
A nómina de medallistas pontevedreses pechouna Javier González (Mace Sport) cun bronce en -63 quilos. Só perdeu en semifinais ante o representante catalán.
Relacionadas:
-
O Open Internacional de Taekwondo segue a crecer na súa XVIII edición
Por Diego Espiño |
-
A taekwondista Sara Cortegoso xa está en Letonia para participar no Europeo júnior de combate
Por Redacción |
-
Xián Silva e Borja Ríos acoden ao Open de Serbia
Por Redacción |
-
O taekwondo pontevedrés, a polo Campionato de España Júnior
Por Redacción |