Á procura de novos árbitros
Por Redacción
Son unha parte fundamental para o desenvolvemento das competicións pero dende hai anos o seu número non é suficiente.
Por ese motivo o Comité Técnico de Árbitros, dependente da Federación Galega de Fútbol, lanzou unha campaña na busca de novos colexiados.
Os árbitros pontevedreses, dentro desa campaña, organizan a partir do 7 de outubro un curso de iniciación á arbitraxe.
Trátase dunha formación con clases teóricas e prácticas que concluirá o 30 de novembro, podendo os que o superen arbitrar de xeito inmediato.
Os interesados poden contactar co Comité Técnico de Árbitros a través da Federación Galega, no teléfono 986 856 716 ou no correo electrónico pontevedra.arbitros@futgal.es.