Un desastroso primeiro cuarto condena o Arxil en León (65-44)
Por Redacción
Clara derrota do Club Baloncesto Arxil no seu primeiro desprazamento da tempada, na cancha do Aros León (65-44).
As pupilas de Mayte Méndez deixaron boa parte das súas opcións nun desastroso primeiro cuarto en materia ofensiva, no que só anotaron tres puntos (12-3) cun 1 de 12 de acerto no tiro.
A partir de aí as pontevedresas foron a remolque, aínda que se repuxeron igualando os seguintes cuartos, nos que recortou mínimamente a súa desvantaxe.
Chegaron con opcións ao comezo do último cuarto (40-33), pero as leonesas mostraron entón o seu mellor xogo para sentenciar o partido da man sobre todo de dúas das súas xogadoras, Lucía Alonso (27 puntos) e Vitoria Dunlap (26).
No Arxil ningunha xogadora chegou aos 10 puntos e a máxima valoración foi a de Ana Román, con 7 grazas ás súas 6 puntos e tres rebotes.
Consulta aquí as estatísticas completas do partido.