O Peixegalego queda ás portas da remontada en Ávila (64-62)
Por Redacción
Segunda derrota liguera do Peixegalego e segunda vez que os pupilos de Javi Llorente quedan preto de lograr o triunfo.
Os de Marín cederon por un apertado 64-62 en Ávila ante O Bulevar tras chegar con opcións ata o último minuto.
O Peixe comezou mandando no primeiro parcial grazas a unha boa defensa, que deixou en sete puntos aos locais (7-14), pero El Bulevar mellorou no segundo cuarto para igualar ao descanso (26-26) e marcharse no terceiro periodo (43-33).
O partido estaba difícil para os marinenses, pero non se deron por vencidos e buscaron a remontada, que tiveron moi preto.
No último minuto o Peixe tivo a opción de empatar cunha tripla, pero fallou e os locais sentenciaron desde o tiro libre.
Na faceta ofensiva destacaron Green (21 puntos) e Rogers (14).
Consulta aquí as estatísticas completas do partido.
Relacionadas:
-
Antonio Pantín lidera ao Marín Peixe Galego na súa vitoria (87-72) ante Simply Olivar
Por Redacción |
-
Marín Peixe Galego logra o seu primeiro triunfo á conta do Zornotza (76-80)
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Marín respira... Balónpeixe!
Por Redacción |
-
O Peixe Galego arranca a tempada con derrota na casa ante o Araberri (73-77)
Por Redacción |